[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O pasado luns dia 13 de agosto tivo lugar, no Pazo do Conde de Gondomar, unha audición musical organizada polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos). Coa inestimable colaboración de Don Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez (XIII Conde de Gondomar) e a súa familia ,que abriron as portas do Pazo para tan fermoso evento, os asistentes puideron viaxar siglos atras no tempo e sentir a música no seu espazo natural.
Manuel López Benito como cordinador e narrador da audición trasladou o público asistente o Patio de Armas do Pazo «Conde de Gondomar» varios séculos atras. Composicions de Vivaldi, Mozart e Beethoven resoaron entre os muros de pedra como se sempre estiveran alí.
Edición e imagen: Pablo Banga
Deja una respuesta