[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O pasado domingo 5 de agosto estivemos compartindo unha xornada moi sabrosa no C.C. A Merced de Chaín. Desta vez tocoulle traballar a reo os compoñentes de dito centro cultural, como se tratase do seu propio negocio. Unha xornada exquisita e inolvidable a que desfrutaron os asistentes.
Case 150 kilos de xurelo foron braseadas por uns incansables cociñeiros, sen esquecernos das cociñeiras que se encargaron de elaborar tortillas, empanadas, e a novidade culinaria deste ano, unhas riquísimas croquetas caseiras. A xornada, ambientada coa musica tradicional galega, culminaría ben entrada a tarde sen antes olvidarse de facer a entrega do xurelo de ouro a un incansable traballador do Centro Cultural, «Pirri», recoñecéndolle así a sua dedicación con todo tipo de eventos no centro e por ser o presidente no ano en que se realizou a primeira festa do xurelo asado.
Edición e imagen: Pablo Banga
Deja una respuesta