[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Moitas son as dúbidas que nos rondan pola cabeza cando un se pregunta que pasa co noso monte Galiñeiro. Dende hai xa tempo as gañas que algún que outro ten de poñer un parque eólico, que se a extracción das chamadas «terras raras»…. en fin, que o pobre Galiñeiro non durme tranquilo pensando no seu futuro do día seguinte. Para coñecer mais de cerca os proxectos que nel queren «impoñer», os responsables da Comunidade de montes de Vincios recibiron as cámaras de Gondomar Tv.
Alberto Covelo (Presidente), Antonio Gallego (Secretario) e Ángel Baquero (Asesor Xurídico) aclarannos moitas das dúbidas que existen en canto a legalidade dos proxectos que alí queren levar a cabo.
Edición e imagen: Pablo Banga
Deja una respuesta