[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
«Retallos de Gondomar de Miñor», este é o nome do libro no que mais de 60 veciños e veciñas de Gondomar colaboran para poder coñecer o noso pobo. Como non outra vez dende o IEM e coa colaboración do concello na maquetación do libro, sae a luz esta obra que resume o potencial de Gondomar en párrafos e imaxes. Coordinados por Antonio Soliño Troncoso os colaboradores cederon sen ánimo de lucro as suas obras. Todo isto podédelo ver no video que Gondomar Tv grabou na presentación que nun fermoso acto se realizou no auditorio Lois Tobío. O acto estivo acompañado coa actuación en directo do pianista Alberto Conde.
No primeiro video podedes ver a reportaxe do acto e no segundo poñemos a vosa disposición as intervencións completas de Antonio Soliño Troncoso (IEM), Carlos Méixome (Director do IEM)e Fernando Guitián (Alcalde de Gondomar).
Reportaxe do acto:
Intervencións completas:
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta