[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Moita tensión acontecida na aula Ponte de Rosas do IEM o pasado venres. Con motivo da presentación do libro «Un percorrido pola historia do Val Miñor» de Carmen Pérez Pérez, os alcaldes do Val Miñor e o presidente da deputación Rafael Louzán asistiron o evento acontecido no IEM. Pois ven, despois da presentación, un numeroso grupo de afectados polas preferentes e subordinadas presentouse no acto cando este rematou, para pedirlle explicacións e solucións os problemas que dende xa fai tempo sufren cos seus aforros.
Moita tensión palpouse no ambiente pero todo hai que dicilo, un comportamento exemplar reinou perante as case 3 horas que durou a comparecencia por parte das duas partes, a política e a dos afectados.
Este video é un adianto da reportaxe que nos próximos días poderedes ver aquí mesmo, na web de Gondomar Tv, sobre todo o que alí se falou.
Deja una respuesta