[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Fíxose esperar pero xa temos aquí a reportaxe do desfile de carrozas do entroido. Este ano por motivos do tempo aplazouse o evento para o venres 15 de febreiro. Moitas foron as comparsas participantes que como cada ano citáronse na vila para mostrar o talento que cada unha destas formacións posuen para elaborar as carrozas e traxes particulares. Preto de 750 participantes trasladaron a sua temática polas ruas de Gondomar enchendo de arte e colorido toda a vila.
Este ano o actor Cándido Pazó foi o encargado de leer o pregón, xuntando na praza do concello a un bo numero de participantes e visitantes ao desfile. O primeiro premio deste ano recaeu na Asociación de entroido de Mañufe coa obra «A volta ao mundo en 80 dias». Os terribles de Tebra, con «Ave real» e os Macanudos de Morgadáns con «Grecomacanudos» recibiron o segundo e terceiro premio respectivamente.
Deja una respuesta