[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Parece que os plenos dannos de comer os integrantes de Gondomar Tv, que mais quixéramos.
Desta vez tocaba un pleno extraordinario para tratar o tema das preferentes e darlle voz de algunha maneira aos afectados, pois ben, non puido ser. De novo, pero desta vez non foi por que os afectados «reventasen» o pleno, non, o problema foi que o pleno realizábase as 9 da mañan do luns 25 de marzo e claro a xente indignouse por aquelo de que a esa hora non lle ven ben a ninguén. Empezando polos representantes dos afectados que tiñan voz e non puideron asistir e rematando por que calquer cidadán que quixera acudir non puido facelo por culpa do horario. Pois ben, todo rematou como a coherencia esixe, aplazandose o pleno para o mércores 27 de marzo as 20:00 horas.
De todolos xeitos celebrouse o redor dunha hora de pleno na que o alcalde escoitou da oposición que estas non son maneiras en relación cás horas da celebración e o cambio na orde do día proposto e argumentou a súa defensa neses puntos como pode verse no video, definitivamente e tras varios minutos dun receso se acordou levantar a sesión plenaria quedando previsto a celebración do próximo pleno.
Os matices e a opinión de cada un podedes recollela no seguinte viedo:
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta