[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
A festividade de San Bieito volveuse a celebrar na nosa vila. Como din os mais vellos «xa foron tempos desta festa, agora non hai xente coma antes» e todo hai que decilo, a afluencia de xente a festa non e das mais concurridas dos últimos anos. ¿Será a maldita crise?,¿ a devoción ida a menos das novas xeracións?… non o sabemos pero algo pode intuirse. O que de verdade se vota en falta e a implicación dos nosos governantes na festa do patrón de Gondomar, algo debería facerse para poder xuntar a mais xente que puidera disfrutar do dia festivo en cuestión.
Deixémonos de criticas non constructivas e valoremos o que si puidemos palpar no día do patrono. Non faltaron os habituais postos de venta de roupa, rosquillas e productos artesanais e tamén o cheiro a callos, cordeiro e carne o caldeiro, todos estes productos típicos do día de San Bieito. As ofrendas tampouco faltaron no local da igrexa habilitado para a tradicional venta dos productos coma aceite, ovos e demais. Pero deixémonos de narrar o evento e pasemos a miralo no video que dende Gondomar Tv poñemos na parrilla da canle para todos aqueles que queirades visionalo.
Deja una respuesta