[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O pasado martes 23 de abril a asociación Espazo Lectura organizou unha actividade para celebrar o día do libro que tivo lugar no parque da Coelleira de Gondomar. Rapaces de diferentes colexios de Gondomar e de arredores (CEIP Souto-Donas, CEIP Chano Piñeiro, CRA Antía Cal, CEIP Serra-Vincios, CEP Neira Vilas (Peitieiros), CEP de Sabarís e CEIP Carlos Casares (Vilariño)) participarón na celebración. Coa axuda de varios pais dos alumnos e cos compoñentes da compañia de teatro Fantoches baj de Lalín festexouse o día no que o tempo acompañou para que os nenos/as puideran pasar unha xornada inolvidable ao carón dos contos.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta