[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O tema está servido nos últimos días na vila. Os veciños do edificio «Las Garzas» puxéronse en contacto con Gondomar Tv para dar a voz de alarma sobre as repentinas obras que acontecen dende fai días a caron do río Miñor na zona verde aledaña o edificio. Moita é a confusión que existe sobre a finalidade do chamado tanque de tormentas, xa que no intento dos veciños de porse en contacto co alcalde de Gondomar foille imposible que dende o concello lles concederan unha cita co rexedor. A comunidade de veciños avisa que as posibles consecuencias da obra non serán un problema illado para os veciños da urbanización senon que podería converterse nun problema xeral para toda a vila.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta