[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Noticias, ruxe ruxes, mocións, sospeitas… Outra vez volvemos a ter unha especie de proxecto ou plan para unha parte da vila o cal non queda moi claro a sua finalidade. Toca desta vez nas terras de Mañufe, concretamente o camiño que vai dende a ponte Romana ata o límite con Nigrán.
Un que aquí escribe pode asegurar que antes non existía nin un gran de pichi que agora adorna o debandito camiño. Foi unha mala sorpresa descubrir que o camiño empeza a ser víctima da man do home a pasos axigantados. Parece ser que o plan que teñen para él os nosos políticos gobernantes é asfaltalo e poñerlle farolas para así empezar a realizar ese proxecto que tantos anos leva paralizado e que consiste en proporcionarlle aos veciños un paseo «FLUVIAL», que entendemos debería respetar o medio ambiente. Como non queremos equivocarnos quixemos ver de primeira man a situación do camiño e achegámonos onda él para poder mostrarlle a xente a situación actual do mesmo, e como non, pasar un bo rato coa cámara de Gondomar Tv.
Edición: Pablo Banga
Imaxe: Pablo Banga/ Román
Deja una respuesta