gondomar.tv
> Destacamos
Trailer Curro de Morgadáns
Trailer Curro de Morgadáns
Gondomar Fútbol Base
Gondomar Fútbol Base
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Entrevista a Alfonso Mandado presidente do Gondomar C.F.
Como se traballa para o día de Corpus en Gondomar
Como se traballa para o día de Corpus en Gondomar

E chegou unha especie de sequía a Gondomar. Moitos veciños están a falar estes días polo problema de abastecemento de auga que empezamos a sufrir na vila estas últimas semanas. Parece incrible que despóis de tantísimas choivas nos últimos meses nesta terra o problema da auga sexa unha realidade. Pois ben, como case todos saberedes o problema ven deribado polo sistema de abastecemento que en pleno siglo XXI posúe Gondomar, e que simplemente recollemos a auga do río o carecer de sistemas de embalsado deste tesouro líquido. Si, temos un tanque na zona do Picoto pero simplemente sirve para almacenar uns cantos litros que non garantizan para nada o servicio en situacións coma a actual.

Dende o concello faise unha chamada para non «malgastar» nas nosas casas e xardíns a auga da traída e moitos veciños empezan a non compartir o método de aforro que consiste en non regar as zonas verdes da vila xa que a mediados de xullo estase a estragar o céspede de tódolos xardíns, unha verdadeira mágoa. Algún veciño nos escribiu preguntándonos se pode ser certa esta situación xa que si en inverno sufrimos as xa coñecidas riadas e en verán bótase a perder a herba, cando imos disfrutar dos nosos parques, ¿20 días o ano? Outro veciño enviounos un video que poderedes ver na reportaxe de como en plena situación de alarma estase estas últimas semanas a regar o céspede artificial do campo de fútbol das Cercas, ¿como pode ser que dende o concello estén a pedir que non malgastemos a auga nos xardíns das nosas casas e eles veña a regar seres inertes?

Pois ben, Gondomar Tv despóis de recibir os reiterados mails de algúns veciños que non se explican como podemos chegar a situación actual, puxemos en marcha a nosa cámara e imos mostrar coma existen moitos puntos na que a auga segue a brotar e bótase a perder, e é, que ben xestionada sobraríanos para atallar estes problemas.

Edición e imagen: Pablo Banga

Música: Holywater- Brave, free (Wasteland)

10 Responses to Non hai auga en Gondomar???

Responder a Polaris Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ahora en @gondomar_tv

Concello de Gondomar ift.tt/1LOAAyc #Gondomar

Foto al minuto

IMG_0810

Últimos comentarios

El tiempo en Gondomar

Tiempo en Gondomar

Mapa de parroquias

Síguenos en…

Síguenos en Facebook Síguenos en twitterSíguenos en Youtube Enlaza nuestras noticias