[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Moi sorprendido queda todo o viandante que dende a semana pasada pasa pola ponte romana de Mañufe. O caso é que aparecía no medio do río una pala facendo obras das que case ninguén ten coñecemento. Na redacción de Gondomar Tv recibimos varias chamadas e mails alertándonos de semellante aterramento no río Miñor. As cámaras de Gondomar Tv foron para alá e retrataron a obra.
Despois de preguntar nos medios oficiais e a diferentes asociacións puidemos sacar as nosas conclusións de primeira man e nos seguintes videos brindamosvos a oportunidade de que escoitedes as diferentes opinións que teñen sobre a obra.
Dende Gondomar Tv so nos queda agradecer o interese dende o concello por aclarar diante das cámaras o fin das obras así coma tamén agradecerlle as diferentes asociación e veciños que participaron nos videos. Por outra banda animamos a todas aquelas asociacións que directamente estean afectadas por estes e outros temas a que no futuro falen das suas preocupacións no transcurrir dos días na nosa vila.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta