[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Volven os plenos logo do parón de agosto. Longa foi a noite que nos fixeron pasar no Lois Tobío (5 h de pleno) os concelleir@s e debido a tan extensa sesión volveusenos a quedar a última moción fora do video. Pero tranquilos, Gondomar Tv púxose o traxe de periodista e tomou nota xa que dita moción foi do mais interesante da sesión.
Ben, para todos aqueles que vos interese a moción na que o video se corta ( sobre o estado das contas do concello) acaba aprobada por maioria.
Agora imos coa moción de urxencia que non nos entrou no video: Eladio Costas plantea dita moción, que para todos aqueles que non saibades unha moción de urxencia debe ser votada para poder ser debatida. Aprobase a moción e plantease, tratase o tema da reducción das dedicacións exclusivas e as remuneración por asistencia a pleno. O comenzar Eladio Costas nomea as causas que o levan a pedir tal reducción. Co programa electoral do PP das pasadas eleccións na man, empeza a nomear todos os incumprimentos ata o de agora, deixando en entredito as promesas do grupo do PP. Ao rematar e remarcando a inoperancia do grupo do goberno explica que por estas razóns pidelle aos seus excompañeiros que deben rebaixarse o soldo porque non o merecen.
Tócalle o turno o PSOE, mais do mesmo, fala da nula capacidade do goberno para sacar adiante os proxectos prometidos e dada a nula xestión tamén apoia a moción pero a maiores pide que os cartos do posible aforro sexan destinados a urxencias sociais.
Manolo Gómez, concelleiro de IxG apoia a moción recordando que no pasado non se lle aprobaron as dedicacións exclusivas ao goberno do BNG por estar en minoria. Como agora a coalición PP-CDL está en minoria decide ser coherente co xa feito anteriormente e apoia a moción.
Agora é o grupo de non adscritos (ANOVA) os que amparándose en que xa levaron duas mocións iguais en plenos anteriores (que non foron aprobadas) e sendo coherentes apoian dita moción recordando a maiores que o PP baixouse o soldo rematando o ano 2012 para volver a subilo o principio de 2013. Baixada que afectou tamen as remuneracións por asistencia a pleno a cal non volveu a subir.
Resultado final da moción: Sendo apoiada polos votos dos 5 concelleiros non adscritos (ANOVA), dous do PSOE, un de IxG e o voto de Eladio Costas o resultado final e de 9 a 8 ( 6 do PP e 2 do CDL). Polo tanto quedou aprobada a reducción do 50% nas dedicacións exclusivas que percibe o grupo do PP.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta