[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Están de sorte os ríos da nosa vila, en apenas 10 días viron coma os seus cauces eran obxeto da sua limpeza. Os domingos 22 e o 29 de setembro foron varios os voluntarios que acudiron a sua limpeza. Rodas, bolsas, botellas e ata un contenedor do lixo foron algúns dos tesouros que se encontraron, pero unha das maiores sorpresas que algúns dos voluntarios atoparon foi o camiño (senda) que días atrás apareceu nunha das marxenes do río Miñor.
Unha tarefa pouco premiada para o traballo que alí se elaborou xa que Gondomar Tv foi testigo do duro traballo que esta xente de ben pasou eliminando a pegada do home que nunca debeu de chegar aos nosos ríos. Esperemos que para vindeiros anos esta xente poida recuperar forzas despois de tan desagradecido esforzo cunha boa comida e bebida.
Edición e imaxe: Pablo Banga
Deja una respuesta