[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O Equipo de normalización e Dinamización Lingüística do instituto IESP Auga da Laxe traenos a unha das artistas revelación da nosa terra. En Gondomar existe unha actividade cultural paralela e independente da programada habitualmente de forma oficial. Nunha das últimas entradas de Gondomar Tv mostrábamos a existencia de Emperador Nutria no Auga da Laxe, unha escola de música aberta a todo o público e que non moita xente coñece agás os interesados na materia. Agora mostramos unha das moitas actuacións que diversos colectivos da vila organizan de cara o público.
Moitoa xente pensa que en Gondomar non se ofrece programación diversa e que todos os anos faise o mesmo tipo de eventos e a verdade é, que aparte da típica verbena con orquesta, organizanse moitos eventos que co esforzo de asociacións ou iniciativas coma a programación cultural do Rañolas, Bar Fontán ou o Catro Camiños entre outros moitos exemplos, fan que Gondomar acolla diversos eventos que paga a pena non perderse.
Desta vez é a artista Ses a que nos deleita coa sua música e tamén vota unhas palabras para todos os que seguides Gondomar Tv.
Deja una respuesta