[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Polo 21 de marzo volta o patrón de Gondomar a estar de festa e con ela a xente que acude as ofrendas para poder curar certos males, xa sexan de saude ou persoais de cada un. Este ano pareceu como se se quixese voltar o pasado e facer mais días de festa; pero a realidade foi outra e puidose comprobar que estamos lonxe de repetir esa morea de xente que anos atras abarrotaba as ruas da vila e propiciaba longas xornadas de diversión. Terase que cambiar o formato ou será que xa non lle interesa moito a festividade as novas xeracións? non se sabe, pero o que si e palpable é que haberá que facer unha profunda reflexión porque San Bieito xa non é o que era.
Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes do día que Ollomol audiovisual quixo retratar.
Deja una respuesta