[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
“A Xesta Vermella”, o novo grupo de teatro de Borreiros, desprende alegría polos catro costados. Este sábado día 7 presentaron a súa primeira obra de teatro no Centro Cultural de Borreiros. Cheo absoluto e moita diversión foron os detonantes nesta estrea.
O grupo xurdiu por unha inquietude dun grupo de persoas do pobo por porse a facer teatro, e rápidamente se puxeron en marcha conseguindo en poucos meses un gran traballo. Un claro exemplo de que con ilusión todo se consegue.
Se estás interesado en participar o grupo está aberto a calquera tipo de persoa, de calquera idade e con experiencia ou non no mundo do teatro.
Deja una respuesta