[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Xa era tempo de acadar un consenso xeral sobre a aprobación do PXOM na vila, e parece que o proceso dilatarase mais no tempo. Moitas son as familias que por necesidade de construir unha vivenda ou os profesionais do ramo da construcción os que verían con moi bo ollo a aprobación do plan.
Vólvese a enquistar o acordo. Uns, ven intereses políticos, outros privados, ou unha chea de erros, xa ben sexan intencionados ou por ignorancia no tema. O que a realidade sí pode ver é que Gondomar volta a estar bloqueado urbanísticamente falando e os que pagan os pratos rotos non empezan a sentirse cómodos coa política xeral da vila, isto palpouse de cheo o xoves no Lois Tobío, lugar no que se celebrou o pleno extraordinario.
Os asistentes ao pleno puidemos observar como entre os diferentes grupos políticos, non existe un principio ni tan se quera de acordo para escomezar o desbloqueo do PXOM. Poderíamos falar moito do que alí se debateu, pero coma o forte de Gondomar Tv non é facer crónicas escritas mellor os deixamos uns anacos que non teñen desperdicio do video que próximamente poderedes ver na web de Gondomar Tv.
Deja una respuesta