[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Xa era hora de que unha das produccións do director mais laureado da vila de Gondomar puidese proxectarse na vila. Antonio Caeiro, sí o fillo de Antonio de Laureana, e un afamado director de documentais e mais xéneros nos que poderiamos estar a escribir nestas liñas sen rematar durante párrafos e párrafos.
Desta vez o documental que trae a vila e «A volta dos nove» recen salidiño do forno. 15 de outubro de 1936. Nove homes son sacados da prisión habilitada no Frontón de Vigo e levados aos arredores de Baiona. Alí son asasinados. Era o final dunha vinganza que se iniciara días atrás, pero o comezo dunha lenda: a das cruces situadas nunha curva da estrada entre Baiona e A Garda. É a historia que narra o documental A volta dos nove, que se proxectará este xoves 9 de outubro (20.00 horas) na Casa das Campás.
Gondomar Tv mantivo unha agradable entrevista con Antonio e queremos darlle as gracias a tapería Adechape por acollernos tan ben no seu local e deixarnos facer unha das nosas entrevistas as xentes de Gondomar con algunha transcendencia. Por certo que por mor do mal tempo estivemos obrigados a grabar enfronte dunha cristaleira da tapería e non tivemos mais remedio que sacar aun dos nosos cámaras no video, esperemos non recibir demasiadas críticas polo asunto.
Traile de «A volta dos nove»
Deja una respuesta