As 17:00 dará comezo a instalación do Belén vivente no parque da Coelleira, todo aquel que se queira achegar poderá ver como @s veciños de Gondomar representan o nacemento do neno Xesús.
Sobre as 16:00 os Reis Magos de oriente darán comezo a tradicional cabalgata que sairá dende Víncios percorrendo a parroquia, seguidamente porán rumbo a Gondomar para levar a cabo o percorrido que os achegará ata o Belén vivente sobre as 18:30, onde farán as ofrendas pertinentes no portal de Belén. Para rematar os reis instalaranse na praza da Paradela de Gondomar (praza do concello) para recibir a tódolos rapaces que queiran visitalos.
Deja una respuesta