A asamblea local de Esquerda Unida Gondomar procamou o pasado sábado a Josué Villar como candidato á alcaldía e responsable do proceso de confluencia de cara a acadar unha candidatura unitaria en Gondomar.
Un programa de esquerda, un código ético, un acordo político e a participación cidadá serán os puntos clave para acadar a confluencia dende a nosa forma de facer política. Esta foi a proposta do candidato no día de hoxe.
Nun posible contexto político local onde Podemos, BNG, ANOVA, Manifesto Val Miñor e Esquerda Unida se presenten por separado pensamos que só confundiríamos máis a xente e fragmentariamos o voto, favorecendo ao bipartidismo e os recortes sociais, e é por isto que dende esta semana EU intensificará as conversas para acadar canto antes unha lista para as municipais, onde todos estos actores se sintan cómodos e fixen uns mínimos que permitan a creación dunha fronte popular real, que consiga gañar as eleccións no municipio.
O tempo esgotase, ou comezamos a falar xa sobre unhas bases programáticas e unha fórmula xuridica que nos represente ao conxunto, a tódalas forzas, ou todos seremos responsables de non gañar as eleccións.
Nós pulamos por unha coalición de partidos como única formula que garante o respecto ás diferentes formas de facer política e permite tamén fixar regras e acordos comúns, pero non pechamos a posibilidade de conformar un partido instrumental. Estamos abertos a unha negociación constructiva, e non imos a pechar portas de cara a unha posible unión. O único innegociable é a elaboración dun programa de esquerda que priorice no social.
En canto a isto, nos xa levamos meses traballando con diferentes colectivos para a elaboración dun programa elaborado por todos aqueles que quixeron participar, polo que chegamos ó proceso de converxencia cos deberes feitos, e os compromisos de participación cumpridos. Agora, o seguinte obxectivo é ser máis ambiciosos e solidariamente co resto de forzas, traballar cara unha candidatura que ilusione, unha candidatura que gañe a alcaldía de Gondomar.
Deja una respuesta