MANIFESTO MIÑOR inicia o seu proceso de primarias. O Manifesto Miñor continúa traballando e avanzando. Este vindeiro SÁBADO 28 de Febreiro as 19:00h na CASA DA CULTURA de GONDOMAR vai ter lugar a ASEMBLEA ABERTA do MANIFESTO MIÑOR, na que tras semanas de traballo, incluído un período de enmendas o CÓDIGO ÉTICO e o REGULAMENTO DE PRIMARIAS lévanse á aprobación por parte da Asemblea. |
A cidadanía do Val Miñor poderá escoller ós seus candidatos ás alacaldías e ós seus representantes na candidatura do Manifesto Miñor en Baiona, Gondomar e Nigrán, nun proceso aberto, participativo e colaborativo, no que están implicados os grupos de traballo que veñen traballando desde hai meses na infraestructura destas primarias abertas á cidadanía do VAL MIÑOR. Todas as nosas reunións son en aberto, calquera pode achegarse a escoitar, debater, falar… Publicamos tanto os acordos, como as convocatorias a través da rede, por medio como Facebook ou Twitter, e enviamos comunicación de todo o que se vai facendo a tódolos asinantes e participantes. As portas están abertas, queremos un Val Miñor unido e diferenciado por parroquias e un goberno municipal suxeito á vontade dos veciños. Datos de contacto: Mail: info@manifestominhor.com |
SILIVIA VILLAR 615 587 557 JORGE DIZ 600 779 715 |
Deja una respuesta