SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.
As persoas que asinan a presente petición, concelleiras e concelleiros membros da Corporación Municipal de Gondomar, ao abeiro da lexislación vixente (ROF e outras), e en número suficiente segundo o legalmente establecido, por medio deste escrito solicitamos a convocatoria dun PLENO EXTRAORDINARIO e monográfico da Corporación Municipal para tratar da falla de debate público, por non dicir ocultación, do novo PXOM á veciñanza en xeral e ás diferentes organizacións sociais, políticas, sindicais, deportivas, culturais, feministas, ecoloxistas, á Entidade L. M. de Morgadáns…….. incluso, aos propios representantes públicos presentes nesta Corporación. O devandito pleno extraordinario será convocado dentro dos prazos legalmente establecidos, ÁS 20hs. DO DÍA ESCOLLIDO PARA A SÚA CELEBRACIÓN.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
A Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, no Art. 85 e nos apartados que regulan o procedimento de aprobación dun PXOM, non mostra en absoluto contradición ninguna á que previamente á aprobación inicial do PXOM de calquera concello de Galiza se poida someter o mesmo á consideración da cidadanía, organizacións sociais, políticas, etc., dependendo esta posibilidade en exclusiva da vontade política do Goberno Municipal do momento.
A recente historia municipal e política de Gondomar estará sempre ligada ás tramitacións e avatares que os diferentes PXOMs nos deixaron nos últimos anos, por non falar dos episodios de corrupción vinculados precisamente á tramitación dalgún deses PXOMs. O único PXOM aprobado por máis do 90% da corporación municipal, o PXOM do ano 1.997, foino precisamente por ser un documento moi participado, tanto pola corporación municipal daquela, como sobre todo polas organización sociais e a veciñanza en xeral…..independentemente do percorrido legal que tivo.
O PXOM PROPOSTO POLO GOBERNO MUNICIPAL.
Cos devanditos antecedentes, e despois de analizar o novo PXOM proposto coa documentación que o Goberno Municipal puxo ao noso dispor (tardía e confusa), a opinión ao respecto é que este documento adoece, entre outros, do grave vicio dunha redacción feita ás presas e sen reparar na conveniencia do que se propón (modelo urbanístico) ou na posibilidade de realización práctica do mesmo……. O caso é ter un PXOM aprobado e podelo vender como mercadoría electoral cando
Deja una respuesta