Gondomar está a sufrir novos cambios e palpase ao sair a dar unha volta pola vila. Recentemente anunciouse nos medios a inminente construcción do novo centro de saúde que será ubicado na zona próxima ao parque das Ánimas. Pero esta non é a única obra que se pode ver nestes días en Gondomar. Moitos de vos xa comprobades certos movementos que indican que teremos arranxos de todo tipo.
¿A que son debidas estas obras?¿Porqué motivo? ou ¿Será por motivos dos próximas eleccións? Estas son algunhas das preguntas que nos chegan ao mail estes días e que dende Gondomar Tv intentaremos respostar e mostrar nestas fotografías que acompañamos neste post. Non sabemos se estamos no certo, pero en cada unha delas incorporamos o que a xente pensa que é cada obra. Non podemos corroborar a veracidade da información xa que algunha das obras carece de información co seu respectivo carteliño. De todolos xeitos existe información de algunha nos medios informativos tradicionais.
Deja una respuesta