[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Xa contabamos os días para asistir a unha das xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Témolo pasado en grande asistindo, e como non ia ser doutro xeito, gravando estas andainas que a par de fermosas son todo un aprendizaxe gracias aos guías que nos informan da historia e lendas de todalas tématicas das xeiras.
Desta vez tocoulle a parroquía de Chaín e aos seus Cotos a temática deste evento. Descubrimos o que é un Coto e fermosísimos lugares de Chaín e tamén pasamos unha boa tarde de verán ollando impresionantes vistas do Val Miñor. Paga a pena asistir a estas xeiras e recomendamolas a todos os interesados xa que son experiencias que paga a pena vivir. Deixamosvos o video que gravamos.
Deja una respuesta