Amigas e amigos do monte Galiñeiro:
Un ano máis facemos a nosa andaina.
Sabedes que decidimos facela no outono para non perxudicar a vexetación, que na primavera está no seu apoxeo, e evitar o pisoteo de tantas persoa nun mesmo día, pois estas andainas son ano tras ano numerosísimas. Grazas a todas e todos polo apoio a esta causa.
A protección da serra de Galiñeiro non está conseguida (nin moito menos!), simplemente a demanda de polígonos eólicos está parada en toda España por motivos de estratexia económica. En canto ás minas de Terras Raras, siguen en oferta pública as mesmas cuadrículas en toda a serra. A ordenación do monte seguen sen facerse e polo tanto as alteración do patrimonio cultural e do medio natural non diminuiron.
É necesaria unha figura de protección para a sera de Galiñeiro, e por ela temos que loitar.
Esta plataforma está a demandar dos cinco concellos que teñen territorio na serra que inicien a declaración da figura de protección ENIL (Espazo Natural de Interese Local) como un primeiro paso no camiño de esixir da Xunta de Galicia a declaración de Parque Natural en ampliación do exiguo Parque Natural do Monte Aloia. Outra proposta que lle facemos aos concellos implicados é que actualicen nos seus PXOUM os novos BIC (Ben de Interese Cultural) que foron atopados nos últimos traballos de campo por especialistas na materia.
O lema da VI Andaina volve ser «Por un parque natural».
Esperámoste o domingo 4 de outubro en Prado (Morgadáns- Gondomar) ás 10.30 horas.
COLABORACIÓN
Para que a andaina sexa un éxito precisamos de ti, que asistas e que fagas que outros/as vaian.
É moito o traballo que da a organización do evento, polo que sen a implicación de persoas é imposible facelo. Todos e todas estamos ocupados na nosa vida, no noso traballo e noutras loitas. De ti depende a protección deste monte.
Hai que distribuir este cartaz. Trátase de poñelos en interiores: tendas, bares, locais sociais, edificios públicos etc. Témolos en tamaño A3 e A4.
Tamén recibimos gustosos/as calquera outra colaboración na que ti te sintas capaz. Podes asistir a asemblea que facemos este xoves, día 10 ás 20 horas no centro cultural de
Vincios (Centro Cultural de Vincios. Barrio de Piñeiro s/n, Vincios – GONDOMAR 36316 – Pontevedra)
ou escribirnos a serradogalinheiro@gmail.com
Onde o podes poñer e cantos cartaces estas disposto/a a colocar?
Grazas en nome da serra de Galiñeiro!
Deja una respuesta