[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
Dende fai unhas semanas veñense facendo uns traballos de mantenemento nos montes da Comunidade de Montes de Couso. Dito traballo estase a facer dun xeito moi especial, os propios veciños comuneros ao mesmo tempo, son os encargados de traballar nestas tarefas de desbroce e poda de árbores. En Gondomar Tv non quixemos deixar pasar por alto esta labor que unha vez mais poñen en valor nas terras de Couso os seus veciños.
Xosé Antón Arauxo, presidente da CCMM e varios veciños explican para todo o mundo en que consisten, e o por qué deste traballo.
Deja una respuesta