[wp_bannerize group="group" random="1" limit="1"]
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrarou este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participaron un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta VIII edición. A limpeza que se celebrou o 27 de setembro mobilizou a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazaron aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Gondomar non ia ser unha excepción, foron poucos os que acudiron a cita pero se traballou a reo para limpar o cauce do Miñor.
Deja una respuesta